ECOSIA

Posiblemente, nunca oíchedes falar disto. Ecosia é un buscador web (directo competidor de Google). A súa base está en Berlín, Alemaña e creouse no 2009, pero foi dende o 2015 cando comezou a crecer. Leva invertido 5.756.000 euros aproximadamente. En que invirte Ecosia? O oitenta por cento das ganancias que xeran os anuncios que aparecen por cada búsqueda destínase a programas de plantacións de árbores.

Como funciona?

O mecanismo e moi sinxelo, cada vez que se fai click nun dos enlaces, ese pequeno xesto, ten un valor monetario debido ós anuncios que se sitúan tamén nos resultados da búsqueda, concretamente de 0,0049 euros por búsqueda, o que fai necesarias 45 búsquedas (0,22 euros) para plantar unha árbore.

Ecosia

Que hai que facer para contribuir?

https://www.ecosia.org/ este link diríxete directamente ó buscador, tamén se pode instalar unha extensión para convertir Ecosia no buscador de referencia, tanto no móbil como no PC, despois, solo falta escribir as nosas dúbidas e darlle a “buscar”, tamén se pode contribuir mediante donacións ou os chamados EcoLinks que se poden activar despois de realizar unha compra online.

Por que árbores? As árbores son vitais para o noso planeta, aportan:

Biodiversidade: Os bosques son os sistemas máis diversos da Terra, con millóns de especies das cales non foron todavía descubertas nin analizadas

Clima fresco: As árbores absorven CO2, un dos principais responsables do cambio climático. Ademáis, os bosques de gran tamaño poden incluso crear unha especie de nubes que reflectan a luz solar e arrefrían o noso planeta.

Protección de solos: As árbores protexen o solo da erosión e dan terras productivas e fértiles. Se os talas, acabarás tendo un deserto.

Aire limpo: As árbores dan osíxeno, pero tamén limpan o aire, absorbendo gases contaminantes e filtrando partículas.

Seguridad hídrica: Os bosques regulan os círculos hidráulicos e preveñen as indundacións, crean microclimas húmedos e incrementan os niveis de augas subterráneas. Ademáis, actúan como unha esponxa que prevén as sequías.

Persoas contentas: Os bosques proporcionan alimentos saludables e un montón de outros productos que poden colleitarse de maneira sostible. O sustento de 1,6 millóns de presoas no mundo depende deles.

Neste vídeo pódese ver os cambios que fan e como vale a pena, eu xa levo case 20 árbores, e vos? grazas a esto.. pódese facer tanto!

Se vos interesa documentarvos un pouco máis sobre este tema, vísitade estes links:

https://info.ecosia.org/project/#faq

https://info.ecosia.org/what

https://en.wikipedia.org/wiki/Ecosia

https://www.youtube.com/user/EcosiaORG/videos

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.