IMOS QUEDAR SEN SARDIÑAS!

Toda a costa ibérica esta a ser afectada pola posible desaparición dunha especie, a tan común sardiña ibérica (Sardina pilchardus). A extinción desta especie inflúelle economicamente a moita xente que traballa ou vive do sector pesqueiro, tamén sería a perda dun alimento moi nutritivo.

A principal causa disto é a sobrepesca, os barcos pescan cantidades moi grandes de sardiñas e cada vez hai máis barcos pescando e con aparatos que facilitan coller cantidades máis grandes con menor esforzo. Outra causa é o cambio climático co incremento da temperatura do mar que, nos últimos 30 anos aumentou 1,3ºC, isto modificou a distribución e abundancia do plancto do que se alimentan estes peixes, de forma que agora os seus ciclos de vida son máis rápidos, reprodúcense antes e medran menos. As sardiñas,  dependen moito das temperaturas ambientais, polo tanto van emigrar ó norte, buscando temperaturas máis baixas.

Vendo isto, o Ministerio de Pesca decidiu limitar a colleita desta especie e reducir o número de barcos, de forma que, en polo menos 15 anos, consigamos aumentar o seu número. Mais non se sabe se isto vai levar a algún sitio, xa que esta especie necesita unhas augas máis frías das que hai actualmente na costa ibérica, e xa están aparecendo sardiñas no mar do norte, inclusive entrando no mar Báltico.

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta