KIOTO , GRAN OLVIDADO

protocolo-de-kioto

O protocolo de Kioto é un acordo internacional para reducir a emisión de gases de todo o mundo: o dióxido de carbono(CO2) , óxido nitroso(N2O) e gas metano(CH4), para así protexer a natureza e eliminar a ameaza dun drástico cambio climántico que afecte á terra. É un protocolo da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o cambio climático.

Cada país comprometíase a reducir un portentaxe de acordo co que contaminaban , aínda que tiñan que reducir un 5% como mínimo.

O protocolo foi adoptado en 1997 , pero ata o ano 2005 non foi aprobado. Foi firmado por 141 nacións e obrigaba a 34 países a reducir os gases que producían o efecto invernadero, entre eles o CO2, para o 2012.

.Protocolo_Kyoto

Os Estados Unidos tiveron intención de estar do tratado , o presidente Bill Clinton firmou o acordo , pero o congreso non o retificou. E así , o país máis contaminante do planeta , xunto con con China , non está dentro do protocolo.

O segundo período do protocolo de Kioto entrou en vigor en 2013 ata 2020 , pero éste ten un problema , xa que Rusia , Canadá e Estados Unidos non quixeron respaldar este acordo.


Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta