NUMEROSOS INCENDIOS EN GALICIA

Os pirómanos voltan a atacar tras ver a chegada do furacán Ophelia con ventos fortes, que axudaron a expandir o lume, mais isto non foi o único que axudou, tamén o estado de seca serveu de gran axuda.

Estes sucesos comenzaron o 17 de outubro sobre as sete e oito da tarde en diferentes partes da provincia de Pontevedra (Baiona, Nigrán, Mondariz, Xiabre, Cobas…). Os avisos destes chegaron aos bombeiros e protección civil cando xa estaban bastante estendidos. Os xefes destes servizos dixeron: foi unha situación complicada para todos, porque ao ser de noite non puidemos levar a cabo todas as maniobras para apagalos o antes posible. Cóntannos tamén que foron moitas as horas de duro traballo e que afortunadamente contaron coa axuda por parte dos veciños, dado que precisaban xente con mangueiras para reducir o lume ata que chegara a choiva, a cal chegou ás tres da mañá.

Grazas ás redes sociais, moitos cidadáns organizaron protestas en diferentes concellos, o que demostrou, unha vez máis, que a sociedade pode movilizarse coordinadamente e actuar sen esperar a resposta de pasividade das autoridades. Demostraron tamén que non van tolerar máis estas inxustizas.

Mondariz

Esta entrada foi publicada en Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.