OLLO COS INVASORES, PODEN REEMPLAZARNOS!!!

As especies invasoras sempre existiron na Terra, de feito unha das teorías da orixe da vida no noso planeta sostén que a primeira forma de vida foi extraterrestre. Mais o meu traballo vai xirar en torno ás especies invasoras en Galicia.

As especies invasoras son animais, plantas u outros organismos que se desenvolven fóra do seu hábitat natural ou cunha abundancia inusual. Artigos recentes falan de especies invasoras que se convertiron en habituais como o caso do eucalipto na flora, ou a ameixa xapónica na fauna, que provocan cambios no ecosistema. Moitos pensan que estas especies son autóctonas, porque levan convivindo coas nosas especies xa moitos anos. Os efectos destas no noso ecosistema xa foron estudados en gran maneira. Un caso máis recente é o da avespa velutina (orixinaria da India), que cada vez está máis extendida polo noso país.

AVISPASAlgúns problemas que están provocando son a morte da avespa autóctona ou o desplazamento desta a outras áreas. Isto podería traer consecuencias fatais para o noso ecosistema, unha das grandes preocupacións é que esta nova especie de abellas poña en perigo a diversidade de especies e a producción agraria (frutais) dado que polinizan outras plantas distintas

Unha forma de combatelas é utilizando outras especies autóctonas como os abellóns. Contra un animal, sempre se pode utilizar outro, que sería a forma máis natural de “eliminalas” en lugar dos insecticidas e outros produtos perxudiciais para o medioambiente, como se ven utilizando ata agora de forma sistemática.


Polo tanto, como podemos ver, calquera especie pode estar en perigo cando hai outra que é máis forte e ten máis capacidade para reproducirse.

 

WEBGRAFÍA

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/11/17/mata-avispa-velutina/0003_201711G17P8992.htm

http://www.apidena.org/index.php/es/la-avispa-asiatica

ALBA OUBIÑA BÚA.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta