PLÁSTICO NO TEU PRATO

plastico2

Algunha vez te pensaches en que moitas das cousas que hai ó teu arredor son ou teñen parte de plástico? Pois é así. Ademais, cando tiramos un plástico nun contedor pode chegar ó mar.

O 80% do lixo que hai no mar procede da terra, mentres que o 20% procede da actividade marítima. Existen cinco grandes acumulacións de plásticos nos océanos; dúas atópanse no Océano Atlántico, outra no Océano Índico e as dúas restantes están no Océano Pacífico. Ademais según un estudo, para o ano 2050 haberá máis botellas de plástico nos océanos que peixes. Estes datos son arrepiantes.
plastico3

Para que un plástico se degrade baixo a auga fan falla moitos máis anos que para que se degrade na terra. Isto trae moitos efectos negativos. Eses plásticos poden ser tragados por algún peixe ou outro animal mariño, como tamén unha ave mariña, e entrar na cadea alimenticia ata os nosos pratos, de maneira que nos tamén estamos comendo ese plástico que tiramos, directa ou indirectamente no mar; ademais tamén poden matalos ou producirlle malformacións.

Podemos evitar que aumente esta contaminación plástica de diversas maneiras, desde reutilizar unha bolsa, ata evitar comprar auga en botellas de plástico, pasando por esquecer as gomas de mascar.

O xove Boyan Slat, de 23 anos, meteuse de cheo na eliminación destes plásticos. Desde que era adolescente, xa se comezou a preocupar por estas acumulacións nos océanos. O seu proxecto, respaldado pola compañía The Ocean Cleanup, da que é el mesmo o creador, consiste en instalar unhas barreireas flotantes quilométricas e, aproveitando a corrente do mar, recoller parte do plástico. Boyan asegura que co seu proxecto poderase recoller un 42% do lixo que hai no Océano Pacífico Norte en 10 anos. Céntrase nese océano porque nel coñécese unha illa que está cuberta de plástico e á que chaman a illa de plástico, algúns considérana o sexto continente.

Webgrafía:

https://one.elpais.com/joven-inventor-suena-limpiar-los-oceanos-boyan-slat-the-ocean-cleanup/

http://elpaissemanal.elpais.com/reportaje/contaminacion-marina/

http://www.ecoticias.com/naturaleza/73306/Miles-animales-afectados-basura-mar

http://www.dmax.marca.com/actualidad/en-2050-habra-mas-plastico-que-peces-en-los-oceanos/

http://www.greenpeace.org/espana/es/Trabajamos-en/Parar-la-contaminacion/Plasticos/Como-llega-el-plastico-a-los-oceanos-y-que-sucede-entonces/

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta