QUE LLE PASA Á FOCA MONXE???

 

foca-monje-hawai

A foca monxe do Mediterráneo, denominada cientificamente Monachus monachus, atópase en vías de extinción.

O hábitat deste mamífero mariño comprende todas as augas costeiras do mar Mediterráneo e a parte do Océano Atlántico que está ao seu carón: illas Canarias, Madeira, Sahara occidental e Mauritania.

Aínda que non se coñece con exactitude, na actualidade a poboación mundial estímase entre 400 e 500 exemplares distribuídos principalmente en tres zonas xeográficas:

  • O Mediterráneo oriental (nas illas gregas e turcas, cuns 200 exemplares)
  • O Mediterráneo occidental (Alxeria e Marrocos, cun máximo estimado entre 20 e 50 exemplares)
  • O Sahara occidental (uns 200 individuos).

Desde hai uns trinta anos, a poboación foi diminuíndo dramaticamente e desapareceu das costas españolas sen que a Administración fixeran nada por evitalo.

Entre os factores que causaron a regresión da especie, atopamos:

  • A persecución polo home
  • A contaminación do Mediterráneo
  • A presión humana sobre as costas
  • A sobrepesca e o esgotamento dos recursos

Ante esta diminución tan dramática da poboación de focas monxe, creáronse, hai  uns vinte anos, os primeiros grupos de traballo para tomar medidas encamiñadas á súa protección e recuperación. Algunhas das medidas que propuxeron foron:  cría de especies en catividade, traslado de exemplares a zonas protexidas, traslado de cachorros a centros de recuperación, etc.

Sen embargo, ata o momento non se conseguiron grandes logros, e a poboación segue minguando preocupantemente. Mentres se especula sobre as medidas adecuadas, as poboacións van minguando.

As posibilidades de recuperación da especie son mínimas. Unha vez máis a ineficacia da Administración e o pouco apego que os humanos teñen polo medio ambiente abocarán a extinción da foca monxe.


 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta