Descobren o peixe que vive a maior profundidade do océano ata agora.
Este pequeno habita a mais de 8.000 km de profundidade na Fosa das Marianas. Trátase do peixe caracol das Marianas, ou cientificamente denominado Pseudoliparis Swirei. Viven a grande profundidade, baixas temperaturas, fores presións e coa ausencia da luz solar.
O peixe caracol atópase en diferentes profundidades dasaugas mariñas de todo o mundo. Agrúpanse en augas profundas e aliméntanse de pequenos crustáceos e camaróns que engulen utilizando a succión de boca.
Esta especie pertence á familia coñecida como peixes babosos ou liparidae. Non parece posible que estas criaturas poidan sobrevivir ós peligros do océano. O seu aspecto non é para nada ameazante, ao contrario do que moita xente imaxinaba, é mais ben, inofensivo. O seo corpo é alongado; a súa pel espida, sen escamas; e o seu aspecto xelatinoso, pequeno e translúcido.
«Non parece moi forte para vivir nun entorno tan extremo, pero ten un gran éxito» afirma Mackenzie Gerringer, investigador dos laboratorios Friday Harbour da universidade de Washington, que foi o principal autor deste estudo. Non se sabe moito acerca de como estes peixes poden vivir baixo unha tan intensa presión xa que a presión a esas profundidades é similar á de un elefante sobre o teu pulgar.
A Fosa das Marianas é o tramo marítimo mais profundo e atopase no Océano Pacífico occidental.
Nas últimos viaxes de investigación, realizadas en 2014 e en 2017, recoleitáronse 37 espécimes. Un equipo de investigación xaponés conseguiu grabalos a 8.134 metros, o avistamento máis profundo por agora.
Estes peixes adaptáronse para poder vivir a moita profundidade, para así, poder vivir nas fosas, onde están a salvo dos depredadores e son eles os máis grandes depredadores, xa que teñen moitas presas invertebradas, por iso alí están moi ben alimentados.
Realizáronse poucos estudos exhaustivos da fosa debido á súa ubicación e á súa profundidade. Hai moitas sorpresas esperando polo cal non podemos dicir con total certeza que é o peixe que habita a maior profundidade, pero si é o peixe que habita a maior profundidade por agora.
BIBLIOGRAFÍA:
http://www.abc.es/ciencia/abci-descubren-mas-profundo-oceano-201711302153_noticia.html
https://es.wikipedia.org/wiki/Liparidae
https://es.wikipedia.org/wiki/Pseudoliparis_swireihttps://www.google.es/search?q=CARACOL+PEZ+MARIANAS&dcr=0&source=lnms&tbm=isch&sa=X&ved=0ahUKEwiZvYaYpfvXAhVBtRQKHef-DDkQ_AUICigB&biw=1366&bih=633#imgrc=xTwH7RsFaCWw8M:
Sabela Padín Baúlo 4ºA