ESTÁMONOS A ENVELENAR!!!

 

INTOXICACIONES-POR-PLAGUICIDAS

Seguro que moitos de vós ou dos vosos familiares teñen leiras, ben, pois seguramente tamén usen pesticidas e sulfatos, pero estes produtos químicos traen moitos problemas. Suponse que axudan a controlar e matar as plagas que están destruíndo unha plantación, están feitos con químicos, virus ou bacterias. Moitas veces son inútiles xa que o pesticida igual non é tóxico para os xenes das plagas ou tamén poden ir facéndose resistentes a eles, polo tanto cando se van reproducindo cada vez aféctalles menos.

A parte de ser inútiles algunhas veces, teñen moitas consecuencias no medioambiente xa que alteran o ecosistema, porque ademais de matar as plagas tamén matan outros insectos beneficiosos como as abellas, mariquitas…

En moitas ocasións, hai organismos  que agora convértense nunha nova plaga porque moitas das especies que controlaban o seu número desapareceron.

Arsenforurenet_jord_på_collstropgrunden_i_Brabrand,_2010-09-30O maior problema para min penso que é cando os produtos tardan moito en descompoñerse e vanse acumulando nos tecidos grasos dos organismos. Estes son comidos por outros ata que a pequena cantidade de tóxico convértese nunha moi grande e perxudicial para a saúde humana xa que pode causar enfermidades como o cáncer, malformacións conxénitas, disminución da fertilidade ou a morte inclusive.

Outras veces o pesticida espárcese a través da auga, chan e aire a outras áreas.

A parte boa é que están saíndo leis para que non ocorran estes casos, como a lei que prohíbe sulfatar nas zonas próximas ós ríos. Tamén hai agricultores que utilizan outras plagas benignas (virus ou bacterias e incluso insectos) para combatir as que destrúen as colleitas, de forma que non se utilizan químicos.

 


 

BIBLIOGRAFÍA

http://www4.tecnun.es/asignaturas/Ecologia/Hipertexto/09ProdQui/111ProbPest.htm

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2013/04/30/europa-prohibe-uso-tres-pesticidas-daninos-abejas/0003_201304G30P26991.htm

ALBA OUBIÑA BÚA 4º ESO B.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente, Novas, Sen categorizar e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.