ASESINATO ACUÁTICO!!

A auga é un dos medios principais dos cal nos aproveitamos en Galicia, pero á vez tamén é o medio ao que máis maltratamos, isto é, tirando nela residuos ou sobreexplotándoa. Pero… isto preocupalle realmente á xente? O certo é que non o suficiente, só lle importa a perda da biodiversidade aos menores de 25 anos.

Hoxe en día hai unha gran sobreexplotación mariña, dado que hai centos de miles de persoas as cales o seu traballo é ese, xa sexa mariscar ou pescar. Sendo tantas persoas a demanda cada vez é superior, polo tanto as reservas de peixes son menores. Mais… pode levar isto á consumición total? Según estudos de diferentes partes de Galicia afirman isto, xa que chegará un punto no cal non haxa suficiente como para cubrir a demanda.

A perda de animáis acuáticos non so se debe á pesca excesiva, senon tamén ao quentamento global, o cal fai que exista un aumento da temperatura, a cal está danando a vida acuática. Mais a todos os motivos anteriores súmaselles á contaminación mariña, a cal axuda á perda de peixes, xa que no fondo mariño hai numerosas sustancias tóxicas (mercurio, plutonio, así como pesticidas ou outros productos agrícolas)

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.