ATA QUE PUNTO PODE AFECTAR UNHA MINA Ó MEDIO AMBIENTE?

Actualmente, queren reabrir unha mina de cobre na fronteira entre O Pino e Touro, mais isto prexudicará moito tanto ó medio ambiente e á nosa saúde como ó traballo das persoas desa zona cuxo oficio está relacionado co sector primario.

Xa sen entrar nos produtos químicos que utilizarán, coa apertura desta mina eliminaríanse aproximadamente 690 hectáreas de masa forestal, cultivos e vexetación. Ademais, asegurase que farán voar sobre seis veces ó día durante 15 anos, unha cantidade de entre 9 e 16 toneladas de explosivos canceríxenos e moi pouco biodegradables a menos dun quilómetro de 20 núcleos de poboación.

 Para o proceso de separación do cobre utilízanse uns produtos químicos altamente perigosos tanto para as persoas como para o medio ambiente. Estes químicos xunto coas altas concentracións de metais pesados a causa desta mina afectarían de forma moi brusca ó sector primario do Mar de Arousa, onde presentaranse niveis de mercurio e cadmio superiores ós máximos legais permitidos, e tamén afectará á captación de auga potable, que será contaminada polo contacto con estes metais.

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta