FUTURO SEN CERTEZA

alimentos-transgenicos-en-contra

Os alimentos transxénicos son aqueles que foron producidos a partir dun organismo modificado xeneticamente. A maior produción destes alimentos prodúcese en China, Norteamérica e parte de Sudamérica. Algúns aínda están en proba, xa que non se sabe ben como poden afectar ó meioambiente, ó ecosistema e ó ser humano.

Teñen ventaxas sí, tanto para o noso organismo como para a industria alimenticia, xa que  é unha comida de mellor calidade e acondicionada con máis nutrientes.

alimentos-transgenicos

Pero todo o bo, ten a súaparte mala… tamén teñen consecuencias, ó non coñecer a súa orixe, poden causarnos alerxias ou incluso intoxicación; poden facer que os medicamentos e antibióticos deixen de facernos efecto, polo tanto estar desprotexidos ante enfermidades infecciosas; tamén poden causarnos envelenamento, porque adoitan ter residuos agroquímicos, como pesticidas, que provocan cancro entre outras enfermidades; poden causar tamén mutacións xenéticas, debido á recombinación de virus e bacterias; tamén hai posibilidade de que causen un dano hepático…

En canto a cosecuencias medioambientales e no ecosistema os transxénicos poden facer desaparecer á especie local debido á súa mellor resistencia e xa que están modificados para solucionar os problemas que causa a propia especie (por exemplo que se unha planta necesita vivir nun clima frío, pois facela máis resistente a éste)

A FAO emitiu diversas alertas para que estes alimentos estén ben controlados, mediante etiquetas e outros sistemas.


No caso da Unión Europea, ata 2005 prohibiu a plantación destes produtos, pero debido a diversos experimentos agora permiten facelo. Pero aínda non se sabe o suficiente destes novos alimentos! Polo tanto a maioría non están aínda no mercado, e o que menos se sabe é como lle afectará a cada persoa. Actualmente en España existen estas plantacións, iso sí o noso país non destaca moito nesta actividade.

BIBLIOGRAFÍA

http://aebioetica.org/archivos/05bioetica53.pdf

http://www.salud180.com/nutricion-y-ejercicio/5-danos-la-salud-por-alimentos-transgenicos

Antonio Sineiro Abal, 4ºA

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta