O GRAN DESCOÑECIDO

Entre o 3% e o 14% dos casos de cancro están asociados á exposición ao radon.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) leva case catro décadas advertindo dos efectos do radon, xa que este é a causa máis importante de cancro de pulmón despois do tabaco. En España, en 2014, as mortes polo cancro de pulmón causado polo gas radon, foi superior ás cifras que provocaron os accidentes de tráfico.

A composición xeolóxica de Galicia, con gran presenza de materiais graníticos, é a responsable do elevado nivel de radon, un gas radioactivo de orixe natural que tende a concentrarse en interiores de vivendas, colexios, lugares de traballo… Non ten olor, color nin sabor. Prodúcese a partir da desintegración radioactiva natural do uranio, que está presente de forma natural no solo e nas rochas, sobre todo nas graníticas. Tamén pode estar presente en auga.

Hai estudos realizados en Europa, América do Norte e China que confirman que, incluso en concentracións baixas, o radon tamén entraña riscos para a saúde e contribúe considerablemente á aparición de cancro de pulmón en todo o mundo.

A Unión Europea ditaminou que a exposición constante ao  radon  supón un grave risco para a saúde. Despois de 30 años de análises científicos e estudos de laboratorio, a UE obrigará a España a partir de 2018 a tomar medidas para corrixir o problema.

En 2009, a OMS publicou o  Manual da OMS sobre o radon en interiores: que ofrece propostas normativas destinadas a reducir os riscos para a saúde proporcionando información sobre as concentracións, implantando programas nacionais para reducir o risco establecendo un nivel de referencia medio anual nacional de 100 Bq/m3  que non debería superar os 300 Bq/m3 (medidas destinadas a previr a concentración de radon nas vivendas de nova edificación, establecendo protocolos de control do mesmo).

As recomendacións aprobadas pola Unión Europea entraron en vigor en febreiro de 2018. A medida máis inmediata para loitar contra o radon é reparar buratos e gretas no solo ou nas tubaxes e en todo o que conecta a vivenda co subsolo. Tamén se poden colocar membranas ou barreiras e sistemas de ventilación entre o solo e a vivenda. Ademais deberiamos ventilar  o fogar diariamente xa que este gas ten un período de desintegración de case 4 horas e en lugares pechados prodúcese unha acumulación que pode danar a saúde. É esencial que os profesionais da construción estean formados sobre o tema. Respecto á lexislación, o IAEA, elaborou unha guía de seguridade con normas e criterios que cada Estado pode incluír nos seus planes nacionais.

Galicia é unha zonas de elevada contaminación interior por radon e son necesarias medidas que protexan á poboación. Segundo o mapa realizado polo Consello de Seguridade Nuclear, España está dividida en tres categorías dependendo da exposición ao gas: media, baixa e alta. A zonas máis afectadas son o sur de Galicia, Madrid, Salamanca, Córdoba, Gran Canaria…

No Laboratorio de Radon de Galicia realizáronse máis de 4.500 medicións de radon interior en diferentes puntos, tanto en vivendas como en edificios ou lugares de traballo. O Laboratorio de Radon de Galicia é o segundo laboratorio español con máis medicións. Nel elaborouse o Mapa Galego de Radon, que presenta as concentracións de radon en cada municipio da Comunidade galega. O Laboratorio de Radon é un laboratorio universitario, no que podemos consultar os niveis deste gas. Atópase na Universidade de Santiago de Compostela.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta