O SER HUMANO, O DEPREDADOR MAIS GRANDE

Na actualidade inténtase concienciar á xente da importancia e necesidade de coidar o medio ambiente no cal vivimos. Pero estes intentos moitas veces son en vano.

A extinción é un proceso natural no curso da evolución. Ó largo de todo o tempo xeolóxico o número de especies que se foron extinguindo é maior que o número de especies que hai na actualidade. Pese a que sexa un proceso natural, a partir do século XVII tivo un gran aumento debido ó ser humano (ós avances tecnolóxicos e o impacto sobre os ecosistemas naturais da explosión demográfica). Hoxe en día o medio ambiente sofre uns cambios demasiado rápidos e moitas especies non teñen a capacidade de adaptarse a eles con esa velocidade.

O aumento de especies en perigo de extinción sube cos anos. O ano pasado había 1.045 especies máis en perigo de extinción con respecto ó ano anterior segundo o reporte da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (U.I.C.N.) . En total hai ó redor dunhas 25.062 especies en perigo de extinción, e tristemente a principal causa da extinción destas é o ser humano. No ano 2006 había 16.119 especies en perigo de extinción, só en 11 anos aumentou case un 36%.

Unha especie pode estar en perigo de extinción por distintas causas, as principais son a explotación irresponsable dos recursos naturais polo home, causas que abarcan os fenómenos naturais (secas, incendios, pragas, enfermidades, etc.), a degradación do hábitat pola parte do ser humano, o aumento da poboación humana, a alta demanda pola parte das persoas e o Quecemento Global. Outras causas son o tráfico de especies e as especies invasoras. O tráfico de especies converteuse nun dos empendimentos económicos máis importantes e atópase de terceiro no mundo, despois das armas e das drogas. As especies invasoras son as que se desenvolven fora da súa área de distribución natural en hábitats que non son os seus propios, producindo así alteracións na riqueza e na diversidade dos ecosistemas.

Obviamente neste traballo non vou a mencionar ás 25 mil especies, pero si que vou a citar algunhas das mais coñecidas.

  1. O xaguar está sendo vítima da extinción a pesar da gran cantidade de campañas de concienciación que numerosas ONG realizan. A captura para o uso das súas peles diminuíu, pero aínda así segue a decrecer o número de xaguares.

  2. O leopardo das neves está desaparecendo en función do avance do home sobre o seu hábitat natural. Non se superan os 10.000 exemplares, en estado decrecente. Vese ameazado pola caza e o comercio ilegal.

  3. O atún vermello segundo a lista vermella da UICN atópase en estado crítico. A súa principal ameaza é a sobre explotación pesqueira. Estímase que no transcurso de 100 anos quedarán só ó redor de 500 exemplares.

  4. Unha gran vítima do cambio climático dende fai anos é o oso polar. O derretemento dos polos esta xerando o illamento desta especie.

Algunhas especies de animais en Galicia en perigo de extinción son as seguintes:

O oso é o mamífero que se atopa en maior extinción na nosa comunidade autónoma.

As aves son as máis ameazadas, 13 especies están sendo protagonistas dunha disputa pola súa existencia ou a súa desaparición na actualidade. As aves máis ameazadas son a aguia real, a pita do monte (a cal se pensa que non existe xa), o arao e o mazarico real.

Nos réptiles destacan como vítimas da extinción: o escáncer de patas ibérico e de dous tipos de tartarugas (a tartaruga de coiro e o sapoconcho común).

Entre os invertebrados a ameaza afecta a ó redor de catro especies de moluscos e outras catro de artrópodos.

A loita contra a extinción das especies consigue resultados favorables grazas ás medidas de conservación, implantando leis de protección, ou a creación de espazos naturais protexidos. Pero non son suficientes como para facer decrecer a extinción. Por esa mesma razón hai que intentar concienciar á xente da gravidade deste problema.

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta