ONDE ESTÁ A PITA DO MONTE?

pita do monte 1

Supoño que todo o mundo coñece á pita do monte (cuxo nome científico é Tetrao urogallus), mais, alguén sabe realmente se esta especie segue existindo? No ano 2005 considerábase totalmente extinguida, pero arredor de 2012 e 2013 atopáronse de novo varios exemplares nos Ancares.
En Galicia esta especie feneceu a mediados do 2016. En España só quedan exemplares de urogallos (os cales están en perigo de extinción) nas comunidades próximas á Cordileira Cantábrica e ós Pireneos.
Estes animais voadores miden arredor dun metro, e caracterízanse por ter un abundante número de plumas. Os machos son negros, cunhas pintas azuis e verdes no peito, e outras marróns nos laterais, distínguense por ter unhas pequenas plumas negras colgando debaixo do peteiro (coma se fora barba); mentres que as femias, máis pequenas que os machos, son de cor marrón, branco e crema.

pita do monte femia
As pitas do monte (como o seu nome indica) adoitaban vivir nos montes e fragas galegos, e ó ser tan grandes e rechamantes eran fáciles de ver e de cazar.
Durante o tempo de reprodución, os machos abren o seu rabo (coma se fosen pavos reais) para chamar a atención das femias, e como nese período non adoitan voar e déixanse ver para chamar a atención, son unha presa moi doada para os cazadores.
A única causa da extinción destes animais foi o abuso da súa caza, e ao non tomar medidas sobre iso, porque aínda que foi considerada especie protexida dende 1985 pola Xunta de Galicia, non fixeron nada por evitar a súa fin, xa que sabían que se os seguían asasinando desa maneira, acabarían por deixar de existir.


Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta