POR ESTE CAMIÑO… ADEUS

Por este camiño, non imos a ningures. Pola nosa culpa, diferentes especies poden chegar a estar en perigo de extinción ou o que é peor poden chegar a extinguirse totalmente. Como é o Elefante.

elefantes-800x375

Dende o 2017, o elefante atópase en perigo de extinción. Debido a diferentes causas como son:

-A caza ilegal, a caza cara os elefantes comezou ao arredor dos 70 pola gran demanda de marfíl que houbo , pero debido a gran matanza que houbo nos 80 (arredor de 100.000 elefantes) ocasionou que en 1990, prohibírase o comercio de marfíl. Facendo así, que agora sexa ilegal a caza e axudando a repoblar certas zonas. Pero agora na actualidade, isto foi a peor xa que houbo una gran perda entre 2011 e 2012, o que ocasionou que en África queden entre 690.000 e 472.000 elefantes, inda que se pensa que é moito menor a cifra. Inda que a gran maioria deles se encontran en parques protexidos, non hai suficiente vixilancia para parar aos cazadores furtivos que só pensan no seu beneficio (o marfil) e non pensan no que lles causan os animais que están matando e o dano que fan ao medioambiente.

58

-O outro gran problema pero non menos importante é que está a desaparecer o alimento no seu hábitat, o que causa que teñen que andar durante días para atopar alimento e algúns non aguantan tanto tempo sen alimentarse e morren no intento. Cada vez o seu hábitat vai desaparecendo máis, e cada vez será máis difícil atopar alimento.

En conclusión, os humanos somos os responsables de que nun futuro poidan desaparecer, temos que frear e acabar con isto. Porque… Qué é o mundo sen animais?

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta