QUE ENTENDEMOS POR CAZA?

 

cazador-perro

A caza está xerando preocupación polas nosas especies, tanto as máis abundantes e sobrepoboadas como polas que están en perigo de extinción. O hábitat estase alterando debido aos cambios no ciclo medioambiental, no cal unhas das causas é a caza. O exterminio de especies para uso alimenticio nas nosas vidas está xerando o uso de granxas onde criar especies cinexéticas en grandes cantidades para despois soltalas no ecosistema, xera un desaxuste para outras especies que se atopan en minoría; e favorecer a introdución de novos parasitos que poden afectar a outras especies, por exemplo aos depredadores destas, contraendo enfermidades ou xerando unha sobrepoboación ou tamén propiciando o desenvolvemento de especies invasoras.

No ámbito deportivo da caza tamén se xerou un descontrol das batidas nas especies consideradas tradicionalmente daniñas como o raposo.

zorrocaza

O pasado 3 de febreiro en Galicia tivo lugar o “Campeonato de España de Caza de Zorro” nun espazo de montaña emprazado en Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro, Forcarei e A Estrada. Este acto foi criticado pola Asociación Animalista Libera, En Marea e o BNG, cunha crítica ao apoio económico dado pola Xunta, pedindo a suspensión desas practicas, non amparadas pola Ley de Caza. Unha lei que recolle a figura destas competicións, pero da forma que estas se desenvolven non é a adecuada segundo os defensores dos animais, debido ós principios xerais de actividade cinexética postos na lei…“protexer, conservar, fomentar, e aproveitar ordenadamente os recursos cinexéticos de modo compatible co equilibrio natural”…

No meu punto de vista esta actividade desenvolta, unha na que os raposos foron os prexudicados, aínda que non deberían de selo, posto que non forma parte da nosa cultura culinaria; polo cal é unha matanza que debe ser sancionada, xa que está ocasionando desequilibrio no ecosistema tan so para satisfacer aos afeccionados a caza so pretexto de protexer os bens da cidadanía.

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.