RAPOSOS Á FUGA

Un cazador nos montes de Dozón

O 20 de xaneiro realizouse en Dozón o campionato galego da caza do raposo, organizado polo presidente da sociedade de caza de Dozón, José Rodríguez.

Pero esto ven xa de lonxe. Os incendios destrozaron o hábitat de miles de animais, deixándo (ós que quedaron vivos) á intemperie, tendo aínda menos posibilidades de atopar comida… Os ecoloxistas e animalistas levamos pedindo que se suspenda a caza durante uns anos moito tempo. A asociación Libera sostén que a lei 43/2003 de montes e a lei de caza de Galicia de 2013 poñen as ferramentas legais necesarias para ordenar os espacios asolados por incendios como “zonas libres de caza”. Esto contribuiría considerablemente a recuperar a gran cantidade de animais abrasados nestes incendios.

Volvendo a actualidade, un total de 16 cuadrillas (160 cazadores!) participaron neste campionato o 20 de xaneiro pola mañá. E despois da matanza, celebraron unha comida todos xuntos.

A irrupción animalista consistiu en facer ruido cerca dos cazadores, tocar bocinas e silbatos, cantar e facer música con pandeiretas e flautas para espantar ós raposos e que se deran de conta de que tiñan que escapar do lugar.

Parte dos activistas que participaron na protesta

Hugo Garrido (un destes activistas) viaxou dende Vigo para defender ós raposos. Asegurou ó mesmo tempo ameazas por parte dos cazadores (que eu mesma vivín en primeira persoa).

Estamos aquí porque están asasinando moitos animais. Están matándoos mentres durmen

Os animalistas procedíamos de distintos puntos de Galicia, como Vigo, Lugo, A Coruña, Porriño, Cambados e Santiago de Compostela. Eramos uns trinta participantes (organizámonos en tan só dous días).

Eso ten que ser ilegal; non poden estar matando animais desta forma

2018012111355421717

Aínda que, pese a irrupción animalista, as probas disputáronse con normalidade. Aínda que abatiron moitos menos raposos que outros anos, esta vez, foron 14. E o ano pasado case 50. Os activistas das asociacións Callejeritos colonias sin hogar, do grupo antitaurino galego e da Pradera Bea Heyder participaron amplamente no acto.

Gustaríame facer tamén unha aclaración, sobre o trato que tiveron algúns dos cazadores cós seus cans, dado que atopamos catro atados no monte, desnutridos e enfermos, chamamos ó SEPRONA, que nos deu luz verde para rescatalos, un deles teñoo eu na miña casa, Lula, estaba completamente desnutrida, según os veterinarios estaba nunha escala de 3 sobre 10 de peso (caquexia) e tiña tumores nas mamas, aínda ten medo dos ruÍdos fortes, pero é cariñosa e boa.

Fontes e artigos onde podedes atopar máis información:

Artigo sobre os incendios en Cosasdecazaypesca

Artigo sobre o campionato en Cazaworld

Artigo sobre o campionato en Tuslances

Artigo sobre o campionato en Cosasdecazaypesca

Artigo sobre os cans dos cazadores en Cosasdecazaypesca

Artigo sobre os animalistas en Farodevigo

Artigo sobre os animalistas en Cazaworld

Artigo sobre os animalistas en Cosasdecazaypesca

Imaxe da caza dos raposos pola noite nas súas madrigueiras

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Eventos, Medioambiente, Novas, Xeral e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta