SOCORRAMOS AS ILLAS ATLÁNTICAS!

descarga (1)

O día mundial dos Humedais celébrase cada 2 de febreiro e creouse no ano 1971 para conmemorar a firma do Convenio sobre os Humedais.

As Illas Ons,Cíes,Sálvora e Cortegada poderán ser protexidas como un humedal.

Ana María Díaz (directora xeral do Patrimonio Natural) anunciou ese suceso o pasado Sábado. O evento tivo carácter informativo. Organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Difusión Ambiental de Galicia (Ceida), reuniu a preto de cincuenta estudantes e profesionais interesados nos valores eco-sistémicos dos humidais en xeral e, en particular, os que existen na comunidade.

A Consellería de Medio Ambiente púxose de acordo co Goberno a inclusión do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas (Ons, Cíes, Sálvora, Cortegada) na lista de humedais de importancia Internacional.

mapaAccesos_tcm7-281211images

GALICIA CONTA CON CINCO HUMDEAIS PROTEXIDOS

Galicia agora ten cinco lugares declarados como humedais de importancia internacional, que suman 7.698 hectáreas: a ría de Ribadeo; o esteiro de Ortigueira-Ladrido; a lagoa e área areosa de Valdoviño; o complexo das praias, lagoas e dunas de Corrubedo e do complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Punta Carreirón e Lagoa Bodeira

As provincias de Pontevedra e Ourense albergan un número menor destes ecosistemas, con 236 zonas húmidas e 8.088,7 hectáreas e 218 e 9.663,6 hectáreeas, respectivamente

A Xunta destaca a importancia  das zonas húmidas, non só porque son escasas e ameazadas, senón tamén polas súas funcións básicas e fundamentais de proporcionar recursos, apoiar as actividades humanas e constituír un valioso patrimonio cultural e natural.

O lema elixido neste 2018 foi “Humedais para un futuro urbano sostible”, seleccionado para destacar a importancia de preservar, en estado saudable, os humedais situados nos ambientes urbanos. Neste sentido, a directora xeral de Patrimonio Natural subliñou a gran importancia destes espazos eo compromiso da Xunta coa súa conservación.


 

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta