Un cancro por culpa do diésel?

 

Segundo a Organización Mundial da Saúde, a contaminación é o principal problema ambiental en todo o mundo e ten un efecto importante na saúde da poboación. A contaminación do aire representa un importante risco ambiental para a saúde. Mediante a diminución dos niveis de contaminación do aire os países poden reducir a carga de  accidentes cerebrovasculares e cancros de pulmón.

Canto máis baixos sexan os niveis de contaminación do aire mellor será a saúde cardiovascular e respiratoria da poboación. A principal causa de contaminación está relacionada coa combustión de carburantes fósiles e sobre todo no interior das cidades.

Estudos recentes que realizou a OMS concluíron que existe unha relación directa entre o fume e emisións resultantes da combustión do diésel e a aparición do cancro naquelas persoas altamente expostas no que se refire á súa contribución á contaminación atmosférica, os vehículos diésel son máis daniños que os vehículos de gasolina.A pesar de que a combustión do diésel emite menos dióxido de carbono que un motor equivalente de gasolina, pero sí emiten determinadas partículas microscópicas e óxidos de nitróxeno que non están presentes na combustión da gasolina.

Provocan unha gran cantidade de enfermidades, o primeiro contacto coas mucosas, xa sexan as respiratorias, como a traquea,nariz, ou tamén os ollos, pode provocar irritación, tose ou dificultades para respirar.

Ademais dos problemas respiratorios,hoxe sabemos que hai unha gran cantidade enfermidades que poden ser causadas ou aceleradas polos contaminantes do aire. Varios estudos determinaron que as emisións dos motores diesel conteñen moitos carcinógenos e estudaron os seus efectos no cancro de pulmón, concluíndo que os índices deste tipo de cancro son máis elevados entre aqueles con maior exposición a emisións diésel e outros tipos de emisións por tráfico.

Esto fai que en moitos lugares en donde o trafico sexa maior se empece a prohibir o diésel ata rematar coa prohición de vehiculos de gasolina e diesel coa finalidade de que os coches sexan electricos para unha mellora  de saúde e unha redución da contaminación.


 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.