UNHA AMEAZA PARA O MEDIO AMBIENTE

cambio-climatico-e1501269371575

Existe un fenómeno que está a afectar á Terra desde hai moitos anos: o cambio climático. Isto trae moitos problemas:

1- AUMENTO DO NIVEL DO MAR: este fenómeno é producido polo derretemento dos casquetes polares, os cales se derreten polo aumento da temperatura terrestre provocado polo cambio climático.

2- AUMENTOS DE TEMPERATURA: producidos polos gases do efecto invernadoiro. Isto pode desencadear en moitos incendios e xerar novas enfermidades.

3- MOITAS TORMENTAS: se a temperaturas dos océanos se volve máis cálida, as tormentas aumentarán e serán máis devastadoras. Tamén aumentaron os furacáns, as inundacións e os ciclóns.

4- SECAS: a escaseza de auga está a producir sequías, notables en todo o mundo. Tamén aquí, en Galicia recentemente produciuse unha gran sequía que levou a que os encoros de auga quedasen por debaixo do 50% de ocupación.

5- ESPECIES EN PERIGO DE EXTINCIÓN: todos os efectos do cambio climático citados anteriormente tamén afectan ós hábitats dos animais, por exemplo aos osos polares que están a quedar sin xeo.

6- ENFERMIDADES: danse as condicións adecuadas para que as pragas portadoras de enfermidades se estendan.

7- GUERRAS: non é algo común pero poden xurdir conflitos polos recursos naturais que son bastante escasos na actualidade.

8- CRISES: os furacáns e inundacións deixan moitos danos alá por onde pasan e os gastos para arranxar eses desastres son moi altos.

hqdefaultMais, que é exactamente o cambio climático? Pois é a variación do clima terrestre. O efecto invernadoiro é a retención de calor por unha capa de gases procedentes da actividade industrial e a combustión de combustibles fósiles, entre outras procedencias. Estes gases posuen un efecto que fai que os raios solares, en lugar de desviarse ó chegar á Terra, reboten de maneira que volvan á Terra. Para solucionar isto debemos reciclar de maneira estrita, utilice o transporte público, non deixe os electrodomésticos en standby, empregue bombillas de baixo consumo ou plante unha árbore, entre outras cousas.

 

 

 

A continuación amósovos un vídeo que explica as causas e consecuencias do cambio climático:

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta