A DESFORESTACIÓN QUEIMA A TERRA!

deforestacion-1

Novamente descubriron grazas a outro estudo, que a deforestación aumenta a temperatura superficial terrestre nun o,23º nas áreas afectadas.

A medida que vai aumentando a deforestación a temperatura terrestre superficial aumenta con ela. Aínda que por agora este suceso sexa a nivel local pode chegar a provocar o quecemento global.

Isto está relacionado  pola emisión de gases de efecto invernadoiro, as árbores absorben o CO2 para poder vivir e cada árbore menos era máis CO2 na atmosfera; Tamén o podemos relacionar coa EVAPOTRANSPIRACIÓN vexetal, que como a suoración nos humanos axuda a reducir a calor; É por último tamén o relacionamos co efecto ALBEDO, este dise da capacidade dunha superficie a reflectir máis ou menos a radiación solar (por exemplo: a neve ten un albedo dun 90%de radiación incidente), mentres que un bosque tería entre un 8% ou 10%.

Para reducir este suceso temos que contribuír para axudar ao planeta e intentar respectar os bosques para exterminar a deforestación.


 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.