A morte linda as nosas casas

Lindo

O pobo de O Porriño encóntrase contaminado por “Lindano” un pesticida e insecticida declarado canceríxeno según a OMS, tanto é o estado da cidade que incluso as estradas foron edificadas con lindano, xa que parecía ter moi boa capacidade para compactar terreos, terreos que o concello cedera á empresa “Zeltia” para o seu uso e para desfacerse dos productos.

Descubríuse a gran acumulación no pobo tras a apertura dunha zanxa e a posterior liberación dos produtos, ademáis da repentina enfermidade de moitos veciños do pobo, algúns incluso víronse obrigados a abandonar o pobo pola súa saude e a dos seus seres cercanos, ata as mascotas corren perigo.

Fontes e pozos encóntranse contaminados, non se poden consumir os vexetais plantados xa que se encontran contaminados, os veciños de O Contrasto, tampouco poden ducharse e facer uso da auga para a súa hixiene, polo que o concello provee a cada casa con dous depósitos de 1.000 litros de agua que repoñen habitualmente os bombeiros para o seu uso.

Incluso un dos puntos máis contaminados, “A zona cero”, é un parque infantil e os edificios colindantes, edificados sobre restos de lindano, con grandes acumulacións do producto.


Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , , , , . Garda o enlace permanente.