ARRECIFE AUSTRALIANO EN PERIGO!!

A famosa Gran Barreira australiana de Coral é o maior arrecife de coral do mundo, xa que posúe unha lonxitude de 2600 kilómetros.

 transcoder

Sen embargo, Australia perdeu case a totalidade dos seus arrecifes de crustáceos do seu litoral, polo que son considerados os hábitats mariños máis ameazados do país oceánico.

En 2016 morreron o 22% dos corais desta marabilla natural. Varios estudos científicos coinciden en que o maior culpable é o quecemento global, aínda que tamén en parte é debido ás prácticas pesqueiras destrutivas, ao deterioro da calidade da auga, as especies invasoras e ao brote de enfermidades.

Aparte de que os corais estean a morrer, tamén se vén detectando branqueo no 85% do sistema de arrecifes, o que supón 2.300 kilómetros de lonxitude.

O branqueo ou decoloración é un síntoma de tensión térmica relacionada co quecemento global que pode supoñer a morte dos corais. As colonias dos corais teñen no seu interior unhas algas simbióticas, que son as encargadas de producir, coa enerxía do sol, nutrientes para o seu alimento. Cando a temperatura da auga se eleva demasiado, os corais expulsan ao exterior estas algas e, sen elas, o coral non pode realizar a fotosíntese e perde a súa cor, é dicir, que os volve esbrancuxados, e co paso do tempo acabarán morrendo.

Se o quecemento é temporal e as augas recuperan a súa temperatura habitual, os corais poderán volver á súa cor normal, pero se o quecemento global persiste máis tempo, acabará con todos os corais da Gran Barreira australiana.

1461156023_590625_1461158831_noticia_fotograma

Así luce a día de hoxe a maior parte do arrecife australiano.

Poderemos recuperala? : A  maioría dos científicos teñen claro que a barreira nunca volverá a ser coma antes, xa que o branqueo é tan masivo  que non o podemos combater,  e as medidas que se están a tomar non son suficientes. Pero como case todo ten solución, se actuaramos con rapidez e puxeramos todos da nosa parte, poderiamos recuperala, aínda que tardariamos polo menos unha década.

 


 

Claudia García Rey 4ºESO B

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.