EXPLOTACIÓN DA MINA, NON DESTRUCIÓN DA RÍA

 

A mina de cobre atópase en Touro, ó sur da provincia de A Coruña. Esta mina estivo en uso ata o ano 1986 pola caída do prezo deste metal. Nesta imaxe vemos a un campesiño da zona de Touro que con máis xente decidiron poñer esta pancarta conforme o desacordo da abertura da mina.

Nos arredores da mina a agricultura e a gandaría son dos sectores máis afectados por culpa da necesidade de terreos para que a mina funcione correctamente. A auga potable podería ser contaminada dado que tamén afectaría as augas subterráneas.

Esta mina pode provocar unha catástrofe na Ría de Arousa porque os residuos producidos serían conducidos polo río Ulla que está conectada coa mina. Cambados foi unha das zonas mariñeira con outras como a Illa de Arousa e Rianxo en poñerse en contra do revivir desta mina.

Nesta imaxe sinálase a masa de residuos tóxicos que descende polo río Ulla causando un desastre medioambiental. Estes residuos serían o causante da morte de moitas especies mariñas da Ría de Arousa, isto conleva a perdida de moitos postos de traballo. A continuación mostrareivos un vídeo de como as substancias tóxicas como poden ser o chumbo, o arsénico, o cianuro e o mecrurio orixinarios da mina afectan o río.


 

O domingo 25 de febreiro do 2018 houbo unha manifestación na que asistiron unha cantidade aproximada de  2000-3ooo persoas. Esta manifestación foi unha alerta cara os políticos para que reaccionen a catástrofe que se podería provocar. Para saber máis  sobre a manifestación clicar en MINA NON

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.