SÓ NOS PREXUDICAMOS Á RÍA?

Galicia abarca 1498 quilómetros de costa e ao redor de 17 rías as cales teñen grande importancia na nosa terra debido a gran cantidade de moluscos que producen. Un dos máis demandados é o mexillón o cal cultíbase en bateas.

A20O8301

O cultivo do mexillón en Galicia é moi importante para industria galega, pero non todo é como se ve a simple vista. Este animal invertebrado aparentemente inofensivo e causante da maior parte da contaminación da nosa rí­a, debido ós sedimentos que este acumula nos fondos das r­ías galegas formados polos propios restos fecais dos mexillóns como dos desperdicios das limpezas periódicas das bateas.

Un equipo de investigadores do Departamento de Xeociencias Maríñas da Universidade de Vigo, está estudando este tema, e sobre os seus efectos contaminantes.                               Nun primeiro avance desta investigación pedida pola Xunta, explícanos este tema máis detaiadamente.

P5245179 ROs mexillóns, nútrense filtrando auga coas partículas que esta contén e nas que atopamos os contamiñantes. O molusco expulsa os restos fecaís nos que van incluidas esta partículas, que vanse acumulando no fondo e poden chegar a crear zonas cun alto contido en sustancias tóxicas.

Tendo en conta que ao ano un mexillón filtra 15m cúbicos de auga aproximadamente e que unha batea pode conter ata un millar de mexillóns por metro cadrado…cada batea producirá unha media de 190kg de estos biodepósitos ao día e estímase que estes aumentan entre medio centímetro e un centímeto e medio anualmente.

Estas acumulacións poden prexudicar á saúde e incluso alterar o ecosistema e ainda que os investigadores están intentando determinar se se poderían instalar máis bateas ou polo contrario se se deberían quitar parte delas, deberíamos de procurar coidar un pouco máis a nosa terra xa que é de todos e polo tanto afectanos a todos.

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2000/12/12/mejillones-sucios/0003_330426.htm                           http://www.farodevigo.es/mar/2015/04/06/pontevedra-ria-castigada-cierre-bateas/1214792.html

Sheila Parcero Bugallo 4ºeso B

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas, Sen categorizar e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.