A ATMOSFERA EN PERIGO!

atmosphereUn estudo revelou que o iodo na atmosfera triplicouse nas últimas seis décadas no Atlántico Norte, dende o comezo da Revolución Industrial. Esta análise tivo lugar na península de Renland nun lugar da costa de Groenlandia Oriental e foi realizado por parte do Consello Superior de Investigación Científicas (CSIC).

Os resultados da investigación foron publicados na revista Nature Communications.

gas-mas-abundante-de-la-atmosferaO aumento de iodo na atmosfera está facendo que se acelere a perda de ozono e incrementouse o transporte e deposición de iodo cara o hemisferio norte. Ademais, o iodo tamén axuda á formación de aerosois.

O director  do estudo e investigador do CSIC no Instituto de Química Física Rocasolano, Alfonso Saiz-López, explica que os resultados das análises xeoquímicas realizadas no xeo dan a coñecer que o iodo mantívose estable dende o século XVIII ata a metade do século pasado.

O aumento do iodo na atmosfera dende entón ten como motivo a combinación de varios factores:

Por un lado, o aumento do ozono troposférico e, por outro lado, o desxeo mariño que conclúe nunha maior actividade biolóxica.

A cantidade de iodo na atmosfera podería aumentar pola futura presión climática e antropoxénica (dos humanos). Esto provocaría un impacto negativo para a saúde e o medio ambiente.

Pero o iodo non é a única ameaza para a nosa atmosfera.

A liberación de substancias ou partículas á atmosfera pode causar unha contaminación atmosférica.

A reducción do ozono produce buratos na capa de ozono o que provoca que os raios UV cheguen con máis facilidade en intensidade ó noso planeta. Este fenómeno afecta maiormente ós polos.

O efecto invernadoiro é bo para a Terra e os seres vivos que a habitamos pero en exceso é perxudicial. Por exemplo, o derretemento dos casquetes polares é causa deste fenómeno.

Tamén podemos mencionar neste grupo á chuvia ácida.

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.