“PNEUMATICANDO”

DSC_0043

Chegariamos ao 1% das persoas que habitamos neste planeta algunha vez a preguntarnos que ocorre con ese pneumático que cambiamos cando xa non está nas condicións axeitadas para seguir rodando polas nosas estradas? Pois ben, na miña opinión, coido que é importante sabelo polo que pode ocasionar dito pneumático no noso ecosistema e na vida cotiá e se podería chegar a ter un fin útil para nos ou causar dano.

Os pneumáticos son estruturas tubulares complexas nas que se utilizan ata 200  compostos químicos diferentes. Fundamentalmente están feitas de caucho natural, cauchos sintéticos, negro de fume (carga de reforzo), axentes químicos como: o xofre, óxido de zinc, cadmio e aditivos; aceites minerais e fíos de aceiro e téxtiles. Unha estrutura con demasiados compoñentes tóxicos polo que é moi difícil de aproveitala para volver a facer un novo pneumático nas condicións requiridas para circular, xa que supón un gran problema debido ao uso masivo deste produto, como resultado dunha gran cantidade de pneumáticos fora de uso: unhas 15.647 t tan só no ano 2016 en Galicia recollidas por Signus Ecovalor.

Porén é importante tomar conciencia de que este produto, o cal a xente queima intencionadamente na maior parte dos altercados ou ben porque é un estorbo nas súas casas e prefire queimalo, sen darse conta do que vai a causar iso. Como ben dixen, é moi difícil renovalo, xa que require un proceso chamado incineración levado acabo en fornos mediante a oxidación química na que se xera unha cantidade inmensa de gases: óxido de xofre, un gas sen cor pero asfixiante; CO2 (Dióxido de Carbono); e micro partículas de metais pesados. Agora estes fíltranse para que non repercutan na nosa saúde, especialmente no que se refire a enfermidades respiratorias, dificultades na reprodución e sobre todo cancro; porque de non facelo, a vexetación na Terra sería insuficiente para limpar o aire, danando así o medio ambiente. Os especialistas buscaron alternativas nas que poderen aproveitar este produto.

neumáticos

Algún dos usos que se lle pode dar despois deste proceso son:

  • Compoñentes das capas asfálticas que se usan na construción das estradas: desta forma diminúese o uso de áridos procedentes das canteiras e presérvanse os recursos naturais.
  • Alfombras.
  • Illantes.
  • Campos de xogo: pistas de atletismo, céspedes artificiais…

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.