O PEOR SER VIVO

Resultado de imaxes para aceite en rios

Recentemente, estou dándome de conta de que o ser humano é o peor ser vivo que poida haber. Nos medios só hai cousas que lles den benefeficio na eles sen mostrar a realidade do mundo… Estamos acabando co noso planeta.

Cada ano miles de seres vivos morren debido á nosa falta de empatía. Vertemos centos de produtos químicos ós ríos, mares, lagos… Esto débese á cantidade de sulfato que acaba na auga, as augas residuais e negras, e os químicos que mandamos sen darnos conta.

Resultado de imaxes para aceite en los mares

Non vou tratar a illa de lixo como é moi común, farei algo máis próximo a nós. O verter aceite polo sumidoiro ou utilizar lixivia e amoníaco, todo iso acaba chegando a auga, acabando con animais. Aínda que hai xente que di estar moi preocupada polo medio ambiente e os animais non fan nada para cambialo. Isto non afecta só os animais, estes químicos dunha forma ou outra chegan tamén ó noso organismo producindo moitísimas enfermidades nas cales podemos atopar dende botulismo, malaria, dengue e polio a cousas menos perigosas como diarrea

O botulismo é unha forma de envelenamento agudo que encóntrase en augas contaminadas ou conservas mal procesadas. O dengue ten similitude á gripe, pero moito máis forte aínda que raramente causa a morte e o polio é unha enfermidade contaxiosa na que nalgúns casos pode chegar a a destruír neuronas motoras incapacitando a moita xente, o máis común é que afecte a nenos.

Resultado de imaxes para agua contaminada

Creo que o ser humano debería de ser máis coidadoso co que fai porque a este ritmo acabaremos con milleiros de especies ata acabar connosco. Temos que empezar a pensar un pouco no que estamos facendo…

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.