A AUGA É VIDA!!!!

O venres pasado, día 8 de xuño, celebrouse o Día Mundial dos Océanos, día no cal numerosas asociacións aproveitaron para recalcar a importancia que teñen os océanos e a limpeza que estes precisan. O principal obxetivo da celebración deste é concienciar ás persoas da cantidade de lixo que estes teñen e a pouca culpabilidade que nos atribuimos. A idea principal da creación disto foi da Organización das Nacións Unidas.

A asociación máis implicada é a Fundación Biodiversidade, xa que traballa na investigación e na protección das especies e do seu entorno. Esta, lanzou varias solucións á contaminación, como por exemplo, a utilización de fiambreras de aceiro inoxidable e non de plástico. A ONU afirma que é unha boa medida para reducir os case 8 millóns de toneladas vertidas anualmente.

Nacións Unidas deulle importancia a este tema, dedicándolle unha Conferencia en Nova York  á cal asistiron numerosas organizacións. A OMI publicou a súa función na conferencia, así como a historia de GloBAllast. Esta ten numerosas publicación de proxectos previstos para un futuro cercano.

O Ministerio de Ambiente Exterior (MAE), presenta tamén numerosas medidas para que as actividades relacionadas con este medio poidan ser levadas a cabo dunha maneira mellor. O MAE realiza seguidamente campañas de educación ambiental para a poboación.

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta