EN GUERRA CONTRA AS MINAS CONTAMINANTES

Imagen relacionada

Nos últimos días estase a falar mito sobre a mina de Touro e vos preguntaredes por que. Ben, esta mina é unha mina a ceo aberto situada no municipio de Touro, na Coruña. Ocupa aproximadamente 600 hectáreas e foi explotada para a obtención de cobre e ouro dende 1974 ata 1988. A finais de 1988 a mina foi abandonada e a Xunta non fixo ningún tipo de control sobre ela. Isto provocou que, co paso do tempo, os sulfuros metálicos que están presente nos minerais se oxidasen sendo así un risco para as poboacións próximas ó complexo mineiro, que están situadas a escasamente un quilómetro.

A principal causa de este problema é a falta de seguridade e de control que hai actualmente sobre o complexo e que está provocando vertidos tóxicos, chegando a contaminar algúns dos afluentes do río Ulla e os campos mais próximos, nunha zona na que se vive principalmente da agricultura e da gandeiria.Imagen relacionada

Para empeorar aínda máis as cousas unha empresa chinesa-suiza ten un proxecto para reabrir a mina. Esta reapertura traería consigo explosións diarias de 15 toneladas de explosivos e produtos químicos que levantarían unha nube de po de metais pesados que se extendería uns 15 quilómetros e provocaría 3.000 millóns de litros de vertidos contaminantes que non tardarían moito en chegar a ría de Arousa a través do río Ulla.

Moitas asociacións ecoloxistas xa están loitando en contra da mina, como a PDRA (plataforma en defensa da ría de Arousa) que mostrou a súa indignación cun chamativo spot contra a reapertura. Por isto nos próximos días concellos de toda Galicia, organizarán manifestacións en contra da volta ó funcinamento da mina de Touro.

 

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.