IMOS AXUDAR!

Senegal-convierte-pais-bolsas-plastico_EDIIMA20160104_0346_5

Dende que estamos no século XXI, estivemos continuamente rodeados de anuncios en apoio ao medioambiente, nos cales sempre nos falan dos problemas que ocasionáronse debido a tira-lo lixo na rúa. Por exemplo, nas costas inda que algunha xente non o pensa, cando tiran ao chan una bolsa de patacas, unas anillas das latas… iso remata chegando ao mar, e por experiencia propia, ao largo dos anos tiven que recoller milleiras de bolsas, e sobretodo nas festas nas cales a xente debe de pensar que o mar é o o recipiente do lixo. Estes plásticos tardan entre 100 e 1000 anos en descompoñerse o que é moito tempo para que un peixe,  un cetáceo… poida comelo por confusión, podendo chegar a facelo morrer ou causarlle grandes deformacións.

eco82_8_original

Un dos lugares que podemos poñer de Exemplo é a chamada “Ila do Lixo” é unha área do océano cuberta por desperdicios dos humanos no medio do Océano Pacífico Norte. Ocupa unha superficie moi variada, xa que non podemos pensar que aquelo está formado por bolsas enteiras e en perfecto estado, si non, nun conxunto de millóns de anacos xuntados nun mesmo punto, que están destruíndo lentamente o ecosistema oceánico.

maxresdefault

Moitos científicos estudan como conseguir que se ocasione moita menos contaminación xa que a xente segue sen coidar o medioambiente  incluso mostrandolle o que ocasionan. Unha solución que deu a empresa indonesia Eco Bags, son unhas bolsas feitas de fibras vexetais (biodegradables e nada tóxicas). As cales baixo altas temperaturas descompóñense moi rapidamente, e en temperaturas normais só tardan uns meses en facelo convertíndose en CO2, H2O e biomasa. Se algún ser vivo aliméntase de ela non lle ocasionaría ningún problema. Estas bolsas son máis caras cas actuais, pero que prefires: Que un día vivamos nun mundo completamente tóxico ou noutro limpo e bonito?


Se a xente comezase a tirar o lixo no sitio adecuado, e empregasen estas bolsas, por moito que algunha chegase ao mar tería solución a corto plazo, espero que nun futuro a xente cambie e coide o que ve todos os días polos seus ollos.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.