OS SULFATOS E AS SÚAS CONSECUENCIAS

sulfatar1

Fai pouco tempo, saíron á luz varios casos en Galicia que afirmaban que varios homes contraíran cancro ou Párkinson por traballar sulfatando viñas. O sulfato é un produto que contén moitos pesticidas, e dende uns anos, moitos especialistas comezaron a facer estudos onde descubriron que, se unha persoa está en contacto con produtos que conteñen pesticidas durante un longo período, ten máis posibilidades de contraer certas enfermidades a medida que pasen os anos, e ás veces, aínda que esa persoa non contrae de todo unha enfermidade, segue estando infectada, tendo así posibilidades de transmitir a enfermidade ós seus proxenitores.

As enfermidades que se adoitan contraer son:

  • Cancro: a xente que adoita estar en contacto con pesticidas, ten máis posibilidades de contraer esta enfermidade. Os cancros máis frecuentes que se desenvolven por culpa de manter ese contacto son: leucemia (cancro de sangue), cancro de pulmón e de cerebro.

  • Dano ó sistema nervioso: os pesticidas poden afectar á memoria, producir máis ansiedade, cambios de humor… pero certos herbicidas poden causar  unha grave enfermidade chamada Párkinson, xa que estes producen o aumento da segregación da proteína alfa-sinucleína, que se atopa no intestino e que é transportada cara o cerebro polas células e a través dos nervios que conectan a ambos órganos.

  • Dano ós pulmóns: mentres as persoas están en contacto con pesticidas, estas adoitan ter unha tos constante, unha forte presión no peito, ou falta de aire para respirar, o que podería dar lugar a enfermidades máis graves se seguen estando en contacto con eses produtos a longo prazo, como bronquitis, asma, tuberculosis…

  • Dano ó fígado: a función do fígado é procesar, limpar e eliminar as substancias tóxicas do sangue, mais os pesticidas conteñen produtos tóxicos que se introducen no sangue e que ás veces, non son eliminados no fígado, polo que a persoa que os conteña pode sufrir un envelenamento que chegaría a causar náuseas, vómitos, ou febre contante.

  • Dano ó sistema inmunolóxico: estas substancias que conteñen o sulfato, debilitan ó sistema inmunolóxico, facendo que as persoas que están en contacto con elas, teñan máis posibilidades de contraer calquera tipo de infeccións, ou que lle sexa máis difícil curarse doutras máis sinxelas como unha gripe ou un resfriado, e incluso chegaría a dar lugar a pérdidas de vista, de memoria ou de peso

  • Dano ó sistema reprodutivo: un excesivo contacto con pesticidas, fai que no caso dun home, os seus órganos reprodutivos queden danados, polo que tería posibilidades de quedar estéril. No caso de mulleres embarazadas, o contacto con estas substancias pode afectar ó desenvolvemento do feto durante o embarazo, o que significa que cando naza, ten máis posibilidades de ter discapacidades ou malformacións, dificultades para a aprendizaxe, enfermidades como as nombradas anteriormente… e no peor dos casos, a muller pode chegar a sufrir un aborto ou dar a luz a un rapaz morto.

    http://es.hesperian.org/hhg/A_Community_Guide_to_Environmental_Health:Efectos_a_largo_plazo_de_los_plaguicidas_sobre_la_salud

Para evitar este tipo de enfermidades, unha persoa que traballa sulfatando (ou con calquer produto que conteña pesticidas), debe tomar as seguintes precaucións:

  • Utilizar un traxe que cubra todo o corpo, uns guantes para as mans, unhas botas altas, e unha máscara con sombreiro para a cara.

  • Limpar ben a roupa coa que se traballe e lavarse ben a un mesmo.

  • Evitar sulfatar cando fai moito vento, cando chove ou cando vai chover.

  • Evitar o contacto coa propia pel cando estás traballando con pesticidas.

Mais moitos agricultores afirman que a solución é producir sulfatos con substancias naturais, en vez de utilizar tantos pesticidas, ou regular o uso de plantacións de viño, para así non ter que utilizar tantos produtos químicos.


Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta