POR UN MUNDO SEN TI

Contaminación Cambados

As bolsas de plástico utilízanse de xeito cotiá dende os anos 70, cando se volveron moi populares polo seu uso gratuíto en diversas tendas. Ao principio eran brancas, pero rapidamente decoráronse cos símbolos de marcas… xa que son unha forma de publicidade barata. As bolsas de plástico poden estar feitas de distintos tipos de polietileno e outras substancias non biodegradables. O seu espesor varia entre os 18 e 30 micrómetros. Somos a terceira xeración en usar de xeito masivo este material, e os seus efectos sobre o planeta están sendo devastadores.

Cada ano preto de medio billón de bolsas son fabricadas en todo o mundo, das cales sobre 280 pasan polas nosas mans. Reciclalas custa oito veces máis que a súa produción, polo que só se recicla unha de cada cen. Ademais, unha vez recicladas non se poden usar de novo para o consumo humano.

As bolsas lanzadas ao chan son facilmente arrastradas a ríos, lagos, mares e outros lugares causando graves efectos sobre as especies que os poboan, xa que as confunden coa comida. Son un dos contaminantes máis destacados porque, na súa descomposición, liberan substancias daniñas como polietileno. Cando se queiman, as bolsas emiten unha gran cantidade de CO2. Isto tamén ocorre na súa fabricación. Ademais, deixar de utilizalas non só acabaría coa contaminación que estas producen senón que tamén reduciría o consumo do petróleo, un recurso non renovable que provoca tantas guerras, mortes e problemas ano tras ano no noso planeta.

albariño

Unha das medidas que algúns países puxeron para reducir o consumo das bolsas de plástico foi cobrar por elas, pero eu creo que a solución está en prohibilas xa que podemos substituír o seu uso por outros materias biodegradables como as bolsas de tea, que son máis fortes e duran moito máis tempo.

Nas praias atópanse residuos plásticos microscópicos mesturados con area e barro que afectan a todo tipo de especies, ata as máis pequenas como percebes, plancto e mesmo aos microbios, que se alimentaban con sedimentos contaminados. Esta contaminación transmítese na cadea alimenticia.

Leva uns segundos facer unha bolsa de plástico pero leva 500 anos eliminala. A mellor opción de todas estas bolsas é a que non se usa.

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta