SEMPRE A INVADIRNOS!

En Galicia, como en outros lugares, hai numerosas especies invasoras, estas chegan a Galicia polo motivo que sexa e atópanse cunha chea de recursos e sen ningún depredador, polo tanto, o que fan é quitarlle os recursos ás especies autóctonas. En Galicia, algunhas destas especies son os eucaliptos, a ameixa xapónica, a volandeira, o cangrexo de río, os carrizos da pampa…E recentemente uniuse a eles outra especie nova, a avespa asiática.

A avespa asiática ou velutina, distínguese das avespas europeas moi doadamente polo seu tamaño, xa que é moito maior, e tamén porque esta ten o tórax e cabeza de cor negra, e conta cunha banda bastante grosa e amarela no abdome, podese ver tamén coma os extremos das súas patas son  amarelos. Mais non debemos confundila coa avespa crabro, que é de tamaño e cor similar.

 

Esta é unha seria ameaza para as nosas abellas, das cales se alimenta principalmente no verán, e para as nosas froiteiras, porque a partir do outono, estas aliméntanse a base das froitas maduras e doces e da sabia que succionan das árbores. Tamén son moi perigosas para as persoas, xa que estas contan con moito máis veleno cás avespas autóctonas e se tes a mala sorte de ser alérxico, a súa picadura pode resultar mortal. Ademais, os seus aguillóns son moito mais grandes e poden atravesar varias capas de roupa, o que inutiliza os traxes dos apicultores.

En Galicia xa existe un protocolo que se debe realizar no caso de detectar unha colmea de avespas asiáticas, para tentar acabar cos niños e deste xeito conseguir que non sigan multiplicandose e destruíndo o medio ambiente.

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.