UN PASO CARA A DIANTE

Algunhas das especies da Península Ibérica en perigo de extinción como por exemplo o oso pardo e o lince ibérico están recuperando a súa poboación grazas a Red  Natura 2000.

A superficie natura protexida en España ocupa sobre o 27% do territorio terrestre e un 8% do territorio mariño, da que un 18% pertence á Red Natura 2000, convertendo a España nun dos países con máis biodiversidade da Unión Europea. Guillermo Palomero, o responsable de Gobernanza Ambiental de SEO/BirdLife, comenta que os osos habitan en lugares protexidos pola Red Natura 2000 tanto na Cordilleira Cantábrica como nos Pirineos, onde deixaron de estar en perigo de extinción a  ter unha poboación “esperanzadora”.

Por outro lado, Juan Carlos Atienza, comezou a súa intervención dando a mala noticia de que o planeta encontrase actualmente preto da sexta gran extinción de especies, con taxas de desaparición similares as de  45 millóns de años atrás coa desaparión dos dinosauros, aínda que coa diferenza de que neste caso debese a actividades humanas, mentres que as anteriores foron por meteoritos, erupcións volcánicas ou explosións de supernovas.

Sen embargo, comenta que a boa noticia é que se sabe cal é a causa desa pérdoa de biodiversidade e cales son as posibles solucións a través de convenios e lugares de interlocución no marco das Nacións Unidas.

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Sen categorizar e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.