A metade do osíxeno da Terra é xerado polo océano, pero este está pasando por un proceso de desosixenación, que quere dicir que se está quedando sen osíxeno. Isto levaría a morte de moita vida marina.
Uns científicos revelaron que en 50 anos as zonas mariñas sen osíxeno cuadriplicáronse (máis do 2%), pero é peor o que acontece nas zonas costeiras, xa que as zonas sen osíxeno multiplícanse por 10.
Unha das causas máis influintes é a subida da temperatura da auga, xa que se ten máis temperatura ten menos osíxeno. A temperatura da superficie fai que sexa máis dificil chegar a zonas profundas do océano. A maior pérdida de osíxeno é dende os 90 metros ata os 670 metros, pero hai que pensar que algunhas profundidades poden chegar ata 11 quilómetros.
Outra das causas non ten nada que ver co cambio climático, xa que o causante son as algas nas zonas costeiras. Estas algas aumentan polo crecimiento das augas residuais e dos nutrintes da agricultura. Cando as algas se descompoñen, consumen o osíxeno.
A falta do osíxeno pode impedir o crecemento dos animais, dañar a reproducción, provocar enfermedades ou a morte. Este problema pode provocar un gas de efecto invernadeiro chamado óxido nitroso ao aire, que é 300 veces máis forte que o dióxido de carbono. Este problema aféctalle moito aos corais, xa que a estes lle afectan moito os cambios de temperatura, e a falta de osíxeno o empeora máis.