O EUCALIPTO, BENEFICIOSO OU PREXUDICIAL?

 

O eucalipto foi traído dende Australia con fins ornamentais, pero pouco despois a industria da madeira vería unha gran oportunidade de negocio neles, xa que o seu rápido crecemento, gran altura, e o seu prezo máis baixo era máis rentable que o das especies autóctonas. Por iso, as zonas do rural comezaron a crear grandes plantacións destes exemplares para a súa comercialización e deixaron de plantar especies autóctonas.

Dende fai uns anos hai unha gran controversia xa que moita xente pide ao goberno que o engada ao “catálogo de especies invasoras” apoiándose en que expande os incendios forestais pola súa folla e altura, que impide a reprodución de outras especias porque consume moita auga, ademáis de que seca pozos, ríos…

O goberno defende que non se debe engadir no catálogo xa que a súa expansión débese a que se planta no rural para a súa venta, e que non invade monte por ela mesma.

Aínda así, cada ano que pasa, a súa expansión na superficie forestal galega aumenta, sendo a última cifra do 18%, e a autóctona segue mermando.

 

 

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , . Garda o enlace permanente.