A chegada dos novos insectos asiáticos

FB409580-DB7D-4B3E-90EE-D28D1CB23666

As velutinas, ou tamen chamadas avespas asiáticas proceden do sudeste asiático (como o seu nome indica). As diferenzas entre esta clase de avespa e as autóctonas de Galicia é que principalmente aliméntanse de formigas, pulgóns e bolboretas, pero incluso se alimentan das nosas avespas. A parte disto, podemos diferencialas a primeira vista porque teñen o tórax e o abdomen de cor negra, exceptuando o cuarto segmento de cor amarela e as súas patas marróns oscuras que acaban cunha cor amarela. O que máis nos sorprende de todo isto, é a cantidade de veneno que desprenden nunha sóa picadura, xa que é superior á das avespas autóctonas.

Esta especie de insectos chegaron ó noso país en 2010, estendéndose polo norte. Á comunidade que máis lle afectou a súa chegada foi a Galicia, xa que a súa produción de mel descendeu ata un 40%.

Para desfacerte destas avespas tes que seguir una serie de pasos:

  1. Eliminar as fontes de alimentos. Debes asegurarte de que as pilas de composta e as áreas de desfeitos están aseguradas, así poderás prever o seu aloxamento.
  2. Poñer trampas. Existe una que é coñecida como “a trampa do balde” que consiste en hencher un recipiente de auga e engadirlle vinagre, deterxente e azucre. O azucre e o vinagre atraerán ás avespas e o deterxente fará que non sexa capaz de salir, polo tanto afogue. Tamén existe outra trampa coñecida como “a trampa da raiña” que consiste en facer o mesmo pero cunha porción de carne dentro.
  3. Por último, tamén contamos cun pesticida en aerosol pero necesitarás usar protección contra o ataque destas avespas.
Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta