DO MAR A NOSA MESA

sal

Non é una novidade dicir que un dos maiores problemas da contaminación mariña son os plásticos que hai nos mares e océanos do mundo, un número que non para de ascender.

Todo este plástico ameaza ás aves e mamíferos mariños e destrúe os ecosistemas do océano. Concretamente, os científicos estiman que unhas 600 especies de animais mariños sofren directamente as consecuencias da contaminación e que o 90 por cento das aves mariñas teñen anacos de plástico no seu estómago.

Este plástico debido á acción das ondas e o sol, erosiona e convértese en micro plásticos, adquirindo unha nova forma, tamaño e lixeireza, sendo moito máis fácil transportalo para as correntes mariñas. Nesta condición aumenta que os seres vivos que habitan os mares o confundan con alimento.

Ademais, sobre estas partículas crecen bacterias, virus, fungos e micro algas, que non se poden encontrar en ausencia deste material, e que se transportan flotando enriba deles dunha rexión a outra.

Tamén, ó estar flotando na superficie mariña, poden afectar ó intercambio de CO2 agravando o cambio climático.

A contaminación móvese a nosa mesa, ameazando con converterse nun problema de saúde pública, xa que,  na nosa alimentación atopamos peixes, mexillóns, ameixas,… que no seu interior teñen micro plásticos. Estímase que as persoas que inxiren con frecuencia marisco tragan unhas 11.000 partículas deste material ó ano.

Tamén na auga da billa, o que significa que os encontraremos nos alimentos que preparemos con ela.

E no sal, máis do 90 por cento das marcas mundiais conteñen unha gran porcentaxe destas partículas. Un adulto medio consume aproximadamente 520 micro plásticos ó ano de forma estimada, só a través da sal. Aínda que as concentracións máis altas encóntranse no sal mariño, tamén se detectaron no sal de lago e de rocha.

A orixe de todo isto atopámola nas cousas máis obvias nas que todos pensamos, como poden ser as bolsas, envases, pratos, vasos…

Nos cosméticos, como os xabóns, xampús, cremas de dentes… Que conteñen partículas de plástico e acaban no mar despois de irse polo desaugadoiro; as lavadoras, que nun ciclo de lavado poden liberar ó medio ambiente, 700.000 fibras sintéticas; ou a atmosfera, que contén tamén fibras da roupa sintética e das alfombras.

lavado

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta