Menos cortar e máis axudar

Estase oíndo de que hay moita deforestación; así que neste artigo falaremos diso. É unha pena que tendo montes e bosques tan fermosos os destraguemos cortando e queimando as árbores.

defoerestacion calentamiento global (1) As árbores son vida, xa que son seres vivos, e é moi triste que os montes galegos se vexan así de destrozados. Hai que reforestar todas as árbores que se cortan ou que se queiman; xa que estamos destrozando parte da nosa terra. Nos últimos anos houbo mais ou menos 24 millóns de hectáreas destruídas; estas deforestacións débense a sucesos como incendios intencionados, incendios provocados por raios ou pola culpa do ser humano que normalmente corta as árbores para usálas como leña para as cociñas de ferro, chimeneas, etc. O que habitualmente soe acabar cos bosques son os incendios,  por exemplo: o ano pasado polo mes de outubro, houbo moitos incendios por toda Galicia; pero todos esos incendios foron intencionados. Os bosques de Galicia reducirónse, é dicir que disminuíu o número de vexetación comparada con outros anos. É unha pena porque estamos botando a perder metade da nosa natureza; natureza que aquí en Galicia é algo digno de apreciar, porque cando destrozamos un bosque non pensamos nos animais que poden vivir nese bosque. Oxalá todo isto cambie e poidamos recuperar todos os bosques que nun tempo atrás tivemos.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta