Ao sol nas nosas praias

carabela-portuguesa-foto-de-Gravitywave

O pasado verán aparecen exemplares da carabela portuguesa nas praias de Sanxenxo.

Trátase dunha especie de medusa velenosa que pode provocar picaduras moi dolorosas e a morte en algunhas circunstancias.

Efectivos do Servizo Municipal de Emerxencias de Sanxenxo encárganse de despexar as praias de estas carabelas, coñecidas tamén como auga mala ou botella azul, e que non é unha medusa aínda que  presenta un aspecto moi similar, trátase de un hidrozoo sifónoro, cuxo nome científico é Physalis physalis. É de cor azulado con unha franxa vermella ao longo do corpo. O seu tamaño é variable.

A chegada das medusas as costas é un fenómeno natural. Non se coñecen con exactitude os fenómenos naturais e biolóxicos que a provocan, pero hai hipóteses como son:

  • As correntes: Son a causa máis directa e lóxica de que as medusas cheguen as praias.
  • A seca: A auga dos ríos ao desembocar no mar, crea unha barreira ante a auga salgada, hábitat da maioría das medusas. Cando os ríos con pouca auga pola seca, ese freo das correntes case desaparece, polo que as medusas chegan as praias.
  • Masificación da costa: Canto máis poboada e edificada este a praia, menos espazos quédanlles a estes animais para poñer os seus ovos, polo que menos posibilidades teñen de reproducirse.
  • “Blooms”: Os blooms son reproducións exponenciais de organismos xa sexa por aglomeración como por reprodución social. Cando as medusas encóntranse a gusto nun lugar, expándense rapidamente.
  • Exceso de nutrientes: A actividade humana deixa a súa pegada no mar. As medusas aséntanse nun lugar con abundantes nutrientes e reprodúcense.

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Clima e meteoroloxía, Medioambiente e etiquetada . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta