A cidade das canles desaparece

Setenta anos para Venecia?

Científicos predín que Venecia se verá mergullada en 70 ou 100 anos. Pero, por que sucede isto? Ben, a resposta é o quecemento  global. Probablemente xa oíras falar del. O quecemento global aumenta a temperatura terrestre e o nivel do mar cada ano, polas emisións de dióxido de carbono (CO2) que incrementan o efecto invernadoiro.

O centro histórico veneciano afúndese a un ritmo duns 2 milímetros cada ano, o que supón 20 centímetros cada século, neste último, calcúlase que aumentou 23 centímetros o nivel do mar. Pode parecer pouco, pero se segue crecendo, en aproximadamente setenta anos é probable que a cidade non sexa como a coñecemos actualmente.

Afortunadamente, o goberno italiano xa está pensando neste problema e a solución que dan, é construír unhas barreiras de pouco máis dun metro de alto no mar, que se elevarían cando a marea subise no Adriático. Este proxecto foi pensado para 2017 e custaría uns 5.500 millóns de euros pero, finalmente, está previsto que se realize no ano 2020 ou 2021.

Non só Venecia pode ser unha das cidades afectadas polo quecemento global. A República das Maldivas (Asia, Océano Índico), Bangkok (Tailandia, Océano Pacífico) ou Houston (EE.UU., Océano Atlántico) tamén están expostos a este perigo.

 

 

Esta entrada foi publicada en Cambio climático, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta