MULTIPLICÁMONOS?

Creo xa vai sendo hora de comezar a falar da SOBREPOBOACIÓN, si, ese tema ao que todo  o mundo lle da as costas e que está a crecer a un ritmo bestial.

Máis de un estará con pose de Aristóteles a pensar que será iso da sobre poboación, eu vos digo que é un fenómeno demográfico que ocorre cando a densidade da poboación é tan alta que ocorren sucesos negativos  ao noso arredor , aínda que meu avó abreviaría moi ben dicindo “ Sobra xente” . Nós, na nosa utopía que temos montada non nos decatamos que estamos destruíndo ecosistemas, hai fame, conflitos… e porque somos 7450 millóns de persoas que si seguimos a medrar rebentamos o planeta, literalmente.

Poñendo un exemplo, a CONTAMINACIÓN. Que non sone raro porque é certo, que hai máis xente, hai máis coches  polo que hai máis contaminación. Tamén a caza dos animais, se cazamos ata a extinción da especie e resulta que temos tres fillos, non é sostible.

Estes son uns dos graves problemas que trae da man este crecer da humanidade, pero e se nos parásemos a pensar? Un servidor non pode evitar que unha parella adulta teña fillos pero si pode evitar que uns adolescentes sexan pais, tamén o tema de cazar, claro que se pode cazar pero si é o último da súa especie non vaias e o metas no teu frigorífico porque con ese xesto lle aseguras unha vida sen ese animal aos teus fillos e un ecosistema peor.

En resumen, as cousas con cabeza que un mundo verde é un mundo mellor.

Esta entrada foi publicada en Ciencia e Sociedade, Medioambiente. Garda o enlace permanente.