TRAEDE O CORTACÉSPEDE

O recente escaseo de marisco e outros produtos que proveñen do mar da nosa ría é trending topic estes días e ocupan todas as portadas dos xornais. Malia iso, os incansables pescadores e marisqueiros locais non se renden e buscan outras alternativas como o aproveitar o incremento da demanda de algas. Si, liches ben, algas. Este organismo pertencente ao reino dos protistas, aínda que algúns lles poida parecer un prato nauseabundo e non o consideren nada máis que un estorbo que as olas do mar nos envían para fastidiarnos un pouco o día de praia, o certo é que é un prato moi cobizado no ámbito gastronómico.

Estes seres son moi importantes na cadea trófica xa que son o alimento dunha gran biodiversidade mariña. Sen embargo, o seu exceso pode ser prexudicial para as especies, como así o comunicaba un periódico comarcal, o Faro de Vigo, que contaba que este gran crecemento xa causara perdas e podería causar máis.

Pero isto non é problema ningún para lugares como A Illa de Arousa, que é unha das zonas locais onde máis se recolle este produto, xa que conta con doce barcos onde as herbas do mar son unha das principais dianas. A Illa lidera a venta galega de algas, expandindo fronteiras, xa que ademais de vender a outros países da Unión, planean buscar compradores tamén a nivel mundial.

Algúns negocios, como a famosa empresa galega Portomuiños*, son un claro exemplo. Esta que acabo de mencionar en concreto, conta coa axuda de outras institucións como as universidades de A Coruña e Santiago para investigar as propiedades e a localización das algas nas costas para así aumentar o seu catálogo, que xa conta con 27 tipos distintos de algas.

Unha das principais causas de buscar introducirse no mercado internacional deste prato é que é moi cobizado na cultura gastronómica oriental aínda que empeza a ter relevancia na occidental. Coñecemos aproximadamente unhas 24.000 especies de algas pero poucas son comestibles. Algúns dos tipos que recollen os pescadores galegos son: a leituga de mar, o wakame… (podes atopar máis información sobre as algas galegas aquí).

Hai diversas formas de cociñar algas, pero unha das mellores zonas para probalas é a propia Illa, que ademais de exportalas, tamén ten unha variedade de restaurantes onde podes comer esta delicia, e digo delicia porque teño a sorte de poder afirmalo xa que eu mesmo as probei, ao principio un pouco desgustado polos prexuízos que temos en contra delas, pero despois sorprendido porque non esperaba que puideran realmente saber ben. Se vives cerca de alí recomendo pasarse un día de praia a comer nos chiringuitos que abren pola zona do Bao e darlle unha oportunidade ás algas en tempura, seguro levarás unha agradable sorpresa!

Esta entrada foi publicada en biodiversidade, Ciencia e Sociedade, Medioambiente, Novas e etiquetada , , , , , . Garda o enlace permanente.