DE 9 A 33

than taking her medicine

Dende hai tempo os científicos saben que a polución do aire debido ás emisións dos coches pode provocar ataques de asma, pero neste último ano incrementáronse de 9 a 33 os casos en urxencias por asma relacionados coa contaminación por ozono e partículas finas.

O asma é unha enfermidade crónica que afecta ás vías respiratorias. A contaminación do aire altera a capacidade de defensa do sistema respiratorio provocando que as vías se inflamen e que entre menos aire ós pulmóns.

Todos oímos falar da capa de Ozono que nos protexe da radiación do sol, pero hai unha capa de ozono mais preto do sólo chamada “ozono ao nivel do sólo” ou “ozono troposférico” que é moi perxudicial para as vías respiratorias.

ozono-troposferico
Esta capa fórmase cando as substancias químicas perxudiciais dos automóviles, das fábricas e das centrais eléctricas se xuntan coa luz do sol.

Tamen nos afectan as “partículas finas“. Estas partículas formanse cando pequenas partes de fume, suciedade e outros elementos quedan suspendidos no aire. Canto máis pequenas sexan estas partículas con máis facilidade entran polas vías respiratorias ata os pulmóns causando problemas respiratorios.

Dende a revolución industrial do século XVIII coa aparición das industrias e os automóviles a cantidade de dióxido de carbono incrementouse considerablemente.

En España no 2017, con respecto ó ano anterior, as emisións de CO2 aumentaron nun 4,46%, o que supón un récord dende que entrou en vigor o Protocolo Kioto.

A  contaminación non só afecta ao noso planeta, se non que tamén nos afecta a nos, polo que é o noso deber contribuír a reducir tantos os residuos como as emisións ó aire. Así tamén reduciremos considerablemente os ataques de asma e moitas outras enfermidades ademais de que contribuiremos a salvar ó noso planeta.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente. Garda o enlace permanente.