SOBREVOANDO O PASADO

 

Ver las imágenes de origen

19 de outubro de 2017, unhas 49.171 hectáreas calcinadas  e catro persoas mortas. Estas eran as cifras que rondaban Galicia fai máis dun ano, á que asolaron máis de 150 incendios en seis días, dende o 13 de outubro ata o 18, cando xa estaban todos controlados ou extintos.

Todos sabemos o que é un  incendio e as causas que o provocan, pero moita xente non sabe o prexudicial que pode chegar a ser  para o medio ambiente e as secuelas que pode deixar. Os incendios aumentan o dióxido de carbono na atmosfera contribuíndo o efecto invernadoiro e ao cambio climático, ademais de xerar cinzas e destruír nutrientes. Tamén é moi prexudicial para as árbores, os animais; que chegan a matalos, a destruír o seu hábitat e o seu alimento; e para as persoas. A pesar disto tamén hai consecuencias positivas  como a limpeza da materia morta ou en descomposición. o que permite o crecemento de novas plantas, e ademais elimina insectos nocivos e plantas enfermas. Hai moitas formas de previr un incendio como non tirar colillas nin cerillas no chán, se encontramos restos de fogueiras ou fogatas apagalas,etc. Isto é o básico que debemos saber dos incendios.

Resultado de imagen de callejas sobrevolando los destragos del incendio de galicia

Os incendios de Galicia foron case todos provocados, inda que a sequía que a azotaba empeorou a situación. Todos estes incendios fixo que moita xente se concienciara con Galicia, como por exemplo Jesús Calleja.  Jesús Calleja no programa “Volando voy”  visitou Chandebrito ( Pontevedra) ; una  zona afectada polos incendios; un ano despois, para escoitar as emotivas testemuñas dos habitantes, intentar previr dos incendios, rehabilitar as terras devoradas polas chamas e ensinar as secuelas que deixaron. Nese episodio do programa escoitamos as historias contadas por habitantes da localidade como un xoven mariñeiro que nos conta como afecta isto ao seu traballo ou a única bombeira da localidade, que é una das 6 que hai en toda Galicia, ademáis vemos como 200 persoas unen forzas para plantar 1000 árbores de distinta especie. Tamén vemos as emotivas testemuñas destas persoas, e a emoción que sentiron algúns habitantes ao sobrevoar Chandebrito e os bosques calcinados un ano despois. É un episodio que emociona ao sobrevoar o pasado dunha catástrofe.

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , . Garda o enlace permanente.