A ONDE VAI CANDO TIRAMOS ALGO?

Ultimamente aumentou a contaminación do solo en todo o planeta debido a intensificación da agricultura e aos residuos urbanos.

Os expertos sobre a materia reúnense moitas veces para debatir acerca dos riscos que involucran a contaminación do solo, marcándose como obxectivo deseñar unhas leis de protección do solo, no que nos países teñan a obrigación de cumprir as leis é o obxectivo principal da FAO. A realidade da contaminación do solo é un fenómeno, con graves consecuencias para a alimentación das persoas e animais. Xa que altera o metabolismo das plantas e reduce o rendemento da agricultura. As plantas absorben materiais contaminadas presentes no solo e na auga que pasan ao froito e de alí, a cadea alimentaria das persoas e animais alterando o metabolismo destes e producindo enfermidades que algunhas son incurables.

As actividades industriais, os desfeitos, os praguicidas, os herbicidas e fertilizantes utilizados na agricultura. Os produtos derivados do petróleo como os gases xerados polos vehículos de transporte. Constitúen un problema internacional engrosado a un máis chamados contaminantes emerxentes (produtos farmacéuticos, o lixo electrónico, os plásticos…).

En algúns países baixos e medianos de ingresos e en vías de desenvolvemento están aumentando notablemente a agricultura e ultimamente o uso de praguicidas e ademais son destino dos produtos electrónicos que as veces non son reciclados correctamente nos países industrializados e envíanse a outro sitio onde reutilizan as pezas e desfacerse do resto sen ningún tipo de control.

Algúns países como España intentan minimizar a contaminación dos plásticos, cobrando as bolsas no comercio, tratando de que a xente reduza  o seu uso e polo tanto a contaminación que estes producen reduza.

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta