Os retos do verán

Nunha recente investigación un grupo de científicos descubriron que o composto TiO2 (dióxido de titanio) dos protectores solares é unha sustancia tóxica e dañina para a vida mariña.

O dióxido de titanio é un composto usado na protección solar pola súa capacidade de bloquear a absorción dos raios ultravioletas. Preséntase en pequenas nanopartículas cubertas con produtos químicos protectores,  debido a o seu tamaño o dióxido de titanio non reflicte a luz formándose así unha barreira invisible que non permite o paso dos raios daniños.

Esta sustancia non é perigosa para o ser humano pero si a alguns seres mariños dado que as nanopartículas de dióxido de titanio baixo a influencia da auga perde a súa capacidade protector e vólvese tóxica.

Na investigación tamén mediron a concetración de dióxido de titanio de tres praias onde os bañistas usaban frecuentemente protección solar. Isto dou que diariamente concentrábase de 15 a 45 micro-gramos por litro de dióxido de titanio, que equivale a varios kilogramos de nanopartículas por temporada de verán.

Ó estar o mar en movemento parte da contaminación do dióxido de titanio dispérsase polo mar. Sin embargo, encontróuse unha acumulación de dióxido de titanio no litoral marítimo podendo poñer a vida silvestre tamén en perigo.

Pero isto non é motivo de deixar de usar a protección solar pero si é para que as fábricas teñen que facerse responsables da contaminación que produce.

 

 

Esta entrada foi publicada en Educación ambiental, Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta