VIVIMOS SOBRE UNHA BOMBA DE RELOXERÍA

 

Resultado de imagen de lindano

Os habitantes de Torneiros sofren unha catástrofe medioambiental silenciosa, moito menos visual ca un incendio ou unha marea negra, pero de perigo equiparable. Este perigo procede dunha fábrica entre 1947 e 1964 que verteu  toneladas de residuos, o lindano foi un pesticida que se xerou de forma masiva. Medio siglo despois o veleno aflora pola apertura dunha gabia. A alcaldesa Eva García dixo “el gran problema con el lindano en O Porriño es que no se sabe donde está. De repente abres una zanja y aparece”. Eva reclama unha solución definitiva, unha solución que elimine dunha vez por todas o pó canceríxeno que persiste baixo o solo do seu pobo. Os veciños de Torneiros quéixanse  dos problemas de saúde e esixen a retirada do lindano usado fai décadas como aglomerado de vial. Esperan a  que a xunta lance o proxecto de descontaminación. A Xunta de Galicia deixa o Pobo de Torneiros sen poder consumir auga dos pozos nin productos das hortas como medida preventiva.

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Medioambiente e etiquetada , , , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta